domingo, marzo 01, 2009
I XORNADAS SOBRE INFORMACIÓN E XÉNERO

"Ás mulleres negóuselle, ao longo da historia, o poder das palabras. Recluídas ao privado e desbotadas da esfera pública, as súas verbas foron silenciadas na política, nos centros de saber, na propia escrita da historia. Para avanzarmos cara a unha igualdade real, en todos os eidos e manifestacións da vida, cómpre facermos das verbas instrumentos de liberdade e non piares da sociedade patriarcal. Os medios de comunicación teñen, nese sentido, un compromiso ineludible que asumir.

As mulleres e homes aprendemos, e facémolo a través das palabras que nos transmiten os nosos pais e as nosas nais, a escola os nosos compañeiros e compañeiras, a cultura que recibimos herdada, e, sobretodo, a sociedade da información, a través dos medios de comunicación. Medios que, ou ben invisibilizan o papel das mulleres nas informacións que nos fan chegar, ou as observan a través dun prisma deformante, no que se reconstrúen unha e outra vez os estereotipos e a imaxe dun ideal de muller imposible de acadar. Afianzan, pois, o sustrato fundamental para a reproducción da sociedade patriarcal: o como desexamos ser, como mulleres e como homes."

Estas I Xornadas sobre Información e Xénero que se celebran na facultade de Ciencias da Comunicación queren chamar a un uso comprometido das verbas nos medios de comunicación, e achegar claves e instrumentos para facelo. Porque a deconstruír a ollada patriarcal cómpre aprender, para introducirnos nas nosas cámaras e na nosa escrita as lentes de xénero, para facer das verbas compromiso e non cadeas invisibles."





Y ahora haz click en el programa para rajar y elogiar a partes iguales en estos próximos días...


 
Regurgitado por Kaukisella en un mal momento de domingo, marzo 01, 2009 ¤ Permalink ¤


1 Comments:


  • At 10:15 p. m., Anonymous Anónimo

    Pinta bien, sin salirse de los bordes, vaya.